Bailemos nós ja todas tres, ai amigas,
so aquestas avelaneiras frolidas,
e quen for velida como nós, velidas,
se amigo amar,
so aquestas avelaneiras frolidas
verrá bailar.Bailemos nós ja todas tres, ai irmanas,
so aqueste ramo d’ estas avelanas,
e quen for louçana como nós, louçanas,
se amigo amar,
so aqueste ramo d’estas avelanas
verrá bailar.Por Deus, ai amigas, mentr’ al non fazemos
so aqueste ramo frolido bailemos,
e quen ben parecer como nós parecemos,
se amigo amar,
so aqueste ramo, sol que nós bailemos,
verrá bailar.
Airas Nunes, poeta galego da corte de Sancho IV de Castela entre 1284 e 1289
Tempo e acento. O canto á ledicia do sentimento amoroso. Mudan os escenarios pero poucas veces se ten expresado con tanta sinxeleza e plenitude o sentimento amoroso. Agora un pouco de imaxinación para pórlle a voz de Miro Casavella (Orvallo).
Tahnks for posting