Cando o ritmo preciso atopa a palabra necesaria, aparece unha estrela que no día desaparece, pero sempre cabe agardar a noite para atopar o seu ollo chiscador.
Son tristes? Pesimistas? Non sei moi ben como son, pero si que a súa lectura non me deixa indiferente. Dou grazas por ter atopado unha lectura tan profunda e intensa. Convivir coa loucura, co desequilibrio para sobrelevalos e mesmo vencelos, arrinconalos.
