Quen dixo que non se pode facer un libro poético para nenos? Leo Lionni acadou aquí un cume como narrador, como ilustrador sempre se mantivo nun punto de equilibrio entre a estética e a experimentación de novas técnicas pictóricas. Quizais influenciado pola pintura que o rodeou desde moi neno, mantivo unha altura como ilustrador que moi poucos souberon acadar e conseguiron manter.
Paro poucos libros emocionan tanto como ese final fermoso, conmovedor e poético. Un móvese entre o sorriso e a conmoción. Frederick forma parte da memoria literaria de moitos milleiros de nenos e de millóns de adultos.
Contos con sopa de rato
A mellor literatura infantil está inevitablemente relacionada coas estructuras da tradición nas que a ordenación dos elementos, a repetición e a enumeración son fundamento e elemento propiciador da ordenación do mundo nas pequenas cabezas dos seus oíntes ou lectores. Ningún adorno que non sexa estrictamente necesaria no gran obxectivo, contar unha historia clara, diáfana, sen ornatos superfluos.

Estes contos de ratiños son unha especie de mil e unha noites. Sempre a literatura para conseguir, nun caso ir para a cama o máis tarde posible, no outro como unha Scherezade fuxindo da morte encarnada nunha pota onde un pequeno rato vai parar por estrar distraído na lectura. A mesma literatura que o leva á beira de se
converter nunha sopa, permítelle fuxir. Quizais os relatos a ler primeiro sexan os da Sopa de rato e seguir despois cos contos de ratiños
Arnold Lobel, un verdadeiro autor a ser coñecido por todos os lectores e cantos deban manter unha relación coa lectura na infancia.


