No frío inverno unha historia de amor familiar, de cálida amizade, inocencia, inxenuidade… En fin unha historia humana. Para lembrarlles aos lobos que unha vez foron ovellas.
Hai libros que a un lle marcan a vida. Unha frase, unha palabra, un simple destello que che queda marcado.
Companho, tant ai agutz d’avols conres… -
Guillermo de Aquitania – Poesía completa – Ed. Renacimiento. Sevilla
Ás veces un libro cura.
Escribir un poema, unha mediciña contra a amargura da existencia. Canto máis vivo, máis me decato do valor da palabra, de canto encerran as súas sonoridades.
Amigu’ai ieu, non sai qui s’es…
Que preto estamos das palabras e canto as descoñecemos. Cada lingua, un universo, cada falante, un planeta. Ás veces un descoñece cantos planetas hai na súa galaxia, pero as interaccións seguen co seu procedemento. Ás veces, as galaxias baten entre si e producen un movemento de tal violencia que todo queda afectado para sempre. Os habitantes do porvir están determinados por algo que eles ignoran.

