Feeds:
Anotacións
Comentarios

Lúas III

Fermosa imaxe que roubei no

blog de El sueño infinito de Pao yu

cun fermoso texto de El libro de la luna.

Bailemos nós ja todas tres, ai amigas,
so aquestas avelaneiras frolidas,
e quen for velida como nós, velidas,
se amigo amar,
so aquestas avelaneiras frolidas
verrá bailar.

Bailemos nós ja todas tres, ai irmanas,
so aqueste ramo d’ estas avelanas,
e quen for louçana como nós, louçanas,
se amigo amar,
so aqueste ramo d’estas avelanas
verrá bailar.

Por Deus, ai amigas, mentr’ al non fazemos
so aqueste ramo frolido bailemos,
e quen ben parecer como nós parecemos,
se amigo amar,
so aqueste ramo, sol que nós bailemos,
verrá bailar.

Airas Nunes, poeta galego da corte de Sancho IV de Castela entre 1284 e 1289

Tempo e acento. O canto á ledicia do sentimento amoroso. Mudan os escenarios pero poucas veces se ten expresado con tanta sinxeleza e plenitude o sentimento amoroso. Agora un pouco de imaxinación para pórlle a voz de Miro Casavella (Orvallo).

Lúas II

Aluméame, aluméame,

estreliña da fortuna,

aluméame, aluméame

mentres que non sae a lúa.

Ilustración: Booke Dyer.

Hai algún tempo dixéronme que a patria é a lingua. Sexa certo ou non, o país, o galego, tanto me ten se uns lle queren chamar Galiza e outros Galicia, debe agradecerlle a Manolo Rivas que reflexase coa súa brillante alma xornalística o que moitos non somos quen de articular.

Lúas I

A lúa asoma ao seu balcón e escolle o soñador co que vai pasar a noite.

Iria e a lúa – Oli – Eds. Xerais

Ilustración: Lisa Evans

As palabras

As palabras de Galeano deixan sorprendido ao lector, que desaparece da súa realidade para trasladarse a un mundo marabilloso. Espellos que nos adormecen, nos abanan e fan pensar. Deixeime arrastrar moitas noites pola corrente na que flúen e xa non fun dono de min; por máis que o intentaba non podía facer nada, había algo nelas que me levaba. Por iso é recomendable non ler a Galeano de día se non queremos que o mundo se deteña a escoitar o seu canto. Lede entre a calor das sabas, á luz da lúa, e deixade as cortinas entreabertas para que a súa luz se lea entre as páxinas do libro.

Creatividade

A creatividade non consiste en inventar o que non existe se non en ollar o mundo con outros ollos.

Franklin é a historia dunha mosca, eis a orixinalidade, a mesma que un día implusou a un escritor polaco, Zaniewski, se mal non me lembro, a describir a vida dos seres humanos desde a ollada dunha rata. Pero non me pidades que o desvele todo, deixemos algo ao esforzo dos poucos que entrades nestas páxinas.

Piénsame como en la fotografía:
con mi perfil rondando tu apellido.
Brizna desmemoriaoda que ha crecido
al lado de tu voz, amiga mía.

Yo soy aquella fiebre de papeles
que por los corredores de la escuela
admiraba tu mundo de acuarela
y la política de tus pinceles.

Yo soy el antaño de tus mediodías
y aquel afán donde te reconoces;
quien buscaba tu voz entre las voces
y quien tanto lloró porque sufrías.
...

Dame la mano y vamos a algún lado
con los pinceles como pasaporte.
Las dos con una brújula sin norte.
Las dos con un reloj equivocado.
Otoño imperdonable - María Elena Walsh. 1949

Horacio Gatto

Para un bo ilustrador, nada mellor que unha ollada orixinal sobre canto o rodea e o texto que ilustra. O ilustrador é un bo debuxante e un bo lector. Do contrario o álbum coxea.

Para descubrir unha interpretación orixinal dos obxectos, nada mellor que esta liña do ilustrador arxentino Horacio Gatto.

BASHÓ

Cando leo os poemas destes autor xaponés do século XVII, eses haikus maravillosos, se me arrepían as carnes porque dificilmente se poden transformar as emocións en palabras con tanta mestra.

Á ventimperie,

vaise filtrando o vento

ata a miña alma.

Admiro a capacidade contemplativa da poesía xaponesa, deléitome especialmente en admirar a delicadeza de colocar a natureza, canto nos rodea no centro da composición, transfigurar os sentimentos en paisaxe e camuflar o ser humano no universo.

En reiseñor,

soña que se converte

o salgueiro.

Baixo un mesmo teito

durmiron as cortesanas,

a lúa e o trevo.

A dificultade de traducir a literatura xaponesa permite que os tradutores realicen verdadeiros exercicios poéticos. Un mesmo poema en versións diferentes.

Monxe e rameiras

acolle o mesmo teito:

trevo e lúa.

« Anotacións máis recentes - Older Posts »